oye como va

Carlos Augusto Alves Santana, máis coñecido como Carlos Santana é un guitarrista de rock e Jazz-Rock nado en Autlán de Navarro, estado de Jalisco, México (9 de cada 10 pensan que Santana é brasileiro) ;).
O seu pai era violinista nunha banda de mariachi, e o mozo Carlos aprendeu a tocar o violín, pero mudou para a guitarra cando tiña 8 anos. En 1955 a súa familia mudouse para Tijuana, e despois a San Francisco, California. En 1966 axudou a fundar a Santana Blues Band, que despois cambiou para Santana. A banda empezou a tocar en The Fillmore West, onde moitas das bandas lendarias de San Francisco tocaron. A súa estrea en gravación ocurreu con The Live Adventures of Mike Bloomfield and Al Kooper, con Al Kooper e Mike Bloomfield.
A súa música integra elementos percusivos africanos, melódicos latinos e estruturais do rock anglosaxón e creou unha música nova.






"Oye Como Va" é unha canción escrita e composta por Tito Puente in 1963 sobre un ritmo e tempo de cha-cha-cha que Santana arranxa con un novo estilo de latin-rock engadindo guitarras electricas, hammond b-3, e percusión de rock a secion de metal tipica de Tito Puente.


No hay comentarios: