A filosofía da Banda do Antón

Fai xa tempo contaronnos o que foron as "Drunken Nights Jam Sessión" (Jam Sessión das noites ebrias), históricas jams na Vila de Killindarragh, rexión de County Donegal en Irlanda (2828 habitantes), pola que pasaron boa parte dos músicos famosos de Irlanda dos anos 70 e 80, tanto en Folk, Rock, coma en outras músicas. Estas Jams iniciaronse na desaparecida taberna de "The old sheep" no 1969 e mantivéronse en activo ata 1979, ano no que a taberna deixou de funcionar. En base a esta idea montamos as Jam sessions da Banda do Antón. Vai un resumo:
no 1969, Patrick O'Rourke, guitarrista apaixoado polo Blues (fillo do taberneiro Liam O'Rourke, que a sua vez cantaba na taberna e no coro da igrexa) volta a Killindarragh despois de rematar seus estudos de avogado. O que mais bota de menos na volta ao pobo é as Jams nos Clubes, así que empeza a buscar xente na vila coa que poder tocar blues e formar un grupo. Na percura coñece a Sarah McInerny (acordeonista), que toca coa súa irma Máiréad (violín) música tradicional de Irlanda, a Vince Sheppard (clarinetista de conservatorio) e a os irmáns Terry Carson (baixo) e Abban Carson, (bateria e compañeiro musical de Terry Chimes que co tempo chegaría a Bateria de The Clash). Con esta amalgama empezaron a tocar na taberna "The old sheep" as horas nas que non había xente. Liam O'Rourke o taberneiro, animouse a cantar e avisou o seu amigo Ciaran Bourke (flauta irlandesa, armónica, guitarra, voz) do mítico grupo Folk "The Dubliners" (seu primeiro éxito no Reino Unido chamouse "Seven Drunken Nights" en referencia a estas Jams). Dada a mescolanza de gustos e sensibilidades o repertorio era moi variado, dende musica tradicional de Irlanda, blues, rock a cancións da radio, pero sempre eran ben recibidos novos músicos e voces na jam, animando activamente os presentes a participar e a cantar. En Pouco tempo, a novidade da experiencia en relación a outras jam sessións moi pechadas tanto no xenero de musica, como na participación dos músicos e do público, fixo crecer en popularidade a iniciativa, bautizada popularmente como "Drunken Nights Jam Sessión" e converteuse nun foco cultural na Vila de Killindarragh e nunha referencia para os amantes da musica de toda a rexión de County Donegal.
Esta é a filosofia da Banda do Antón. Pasalo ben xuntando a músicos e animando a xente a soltarse e a participar. Non tes que ser un gran músico, so querer pasalo ben.

No hay comentarios: