Definición de Jam session

Unha reunión informal de músicos, con afinidade temperamental, que tocan para seu propio lecer. A denominación, ven do verbo to jam, que significa tanto estorbarse, xuntarse desordeadamente ou espachurrar.
Ainda que é perigoso falar de estrutura en relación cun concepto tan aberto, estas reunións musicais teñen as seguintes características:
* Presencia de varios músicos que, normalmente, non tocan xuntos
* Ausencia dun líder ou dun programa inamovibel
* Selección de temas ou estruturas armónicas standars coñecidas por todos os participantes
* Desenvolvemento de amplas improvisacións sobre as bases melódicas e armónicas aportadas polos temas seleccionados
* Utilización de arranxos musicais simples, sobre un background espontáneo. Ó contrario que nos ensaios ou nos concertos, os músicos carecen de limitacións, podendo improvisar con liberdade, arriscarse a novos estilos musicais, facer innovacións, mestizar técnicas, estilos e ideas, e sobre todo aprender da diversidade.

No hay comentarios: