Lela

Esta canción formou parte da única obra de teatro que Castelao escribiu: "Os vellos non deben de namorarse".Foi pensada por Castelao á maneira dunha serenata estudiantil compostelá cantada por un nostálxico coro de boticarios (persoaxes da obra teatral) tendo ó xeito dun bello fado de Coimbra (música tradicional portuguesa).



LELA (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao)

Están as nubes chorando
por un amor que morreu
Están as rúas molladas
de tanto como choveu (bis)

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos

Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Instrumental

Dame alento das túas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume das túas miradas,
dame vida co teu dulce amor. (bis)

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos

Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

instrumental

Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir. ellos!

No hay comentarios: