Por sempre Rory

A principios dos 80, tódolos rapaces de Lalín eramos jevis, queriamos ter melenas, levar camisetas coas mangas cortadas, e algúns conseguiano a pesares das suas nais.. outros non. Dentro da pouca información que tíñamos sobre música e grupos, toda ela sacada dos nosos amigos maiores que !!tiñan discos!!, do catálogo de Discoplay (a biblia!) e sobre todo de perder horas e horas escoitando e grabando cintas con cousas da radio, cada un tiñamos o noso grupo de rock favorito, e o noso guitarrista era o mellor.
Ac/dc ganaba por goleada nos gustos, Deep Purple tiña moitos adeptos, a Luís gustaballe U.F.O. e Jethro tull, Richard era de Hendricks, Lucho dos Rollings, Doñate de Lou Reed, Campanas dos Iron Maiden, Paco flipaba con Queen, Amado era dos Creedence, etc etc, e eu era o raro.. eu era e sempre serei de Rory.

Descubrin a Rory Gallagher no 82 na casa de Ubaldo en Santiago; eu fun porque ibame deixar varios discos de Bowie para grabalos en cinta, e Laura, a sua irman maior (a dona dos discos e unica muller a que lle gostaba o rock que daquelas eu coñecia) deixoume tamén tres discos dun descoñecido: Irish Tour 74, Tattoo e Blueprint. Lembro que chegado a Lalín, pasei a cinta os discos de Bowie e tardei varios dias en escoitar os discos de Rory. Empecei polo Irish Tour, e por un mes non escoitei outra cousa que non fora Rory Gallagher a todas horas no meu walkman, ensinandolle aos colegas o son dese magnifico guitarrista descoñecido por nós...


Para min, Rory é con moito un dos mellores guitarristas do Blues, un dos mais influintes na música do rock, e tristemente un dos menos coñecidos.. podes atopar biografías de Rory aquí e aquí.

"How does it feel to be the greatest guitarist in the world? I don't know, go ask Rory Gallagher"
- Jimmy Hendrix


Algunhas cancións deste xenio da música

too much alcohol


A Million Miles Away


Tatoo lady


Calling card


fuel to the fire


walking blues


Bullfrog Blues


Banker blues

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias tios por este blog, mucha de la gente que colgais no tenia ni idea de que existia. hoy acabo de descubrir a rory. rory for ever!

Anónimo dijo...

Grande, moi grande Rory!!! U.F.O., Purple, Zeppelin, Maiden, AC/DC, Saxon, Judas Priest, Lou Reed, Alice Cooper, Ted Nugent... etc... etc... God save de rock!!!

diego sieiro dijo...

teño 3 dvd coas millores actuación de rory que si te portas ben pódochos deixar algún día, jaja

A Banda dijo...

ves ti a bo sitio!... sorprenderíame moito que tiveras ti algo que e uno teño (falando de Rory ;-) ), pero voume portar ben... non vaia a ser!