Por sempre Rory

A principios dos 80, tódolos rapaces de Lalín eramos jevis, queriamos ter melenas, levar camisetas coas mangas cortadas, e algúns conseguiano a pesares das suas nais.. outros non. Dentro da pouca información que tíñamos sobre música e grupos, toda ela sacada dos nosos amigos maiores que !!tiñan discos!!, do catálogo de Discoplay (a biblia!) e sobre todo de perder horas e horas escoitando e grabando cintas con cousas da radio, cada un tiñamos o noso grupo de rock favorito, e o noso guitarrista era o mellor.
Ac/dc ganaba por goleada nos gustos, Deep Purple tiña moitos adeptos, a Luís gustaballe U.F.O. e Jethro tull, Richard era de Hendricks, Lucho dos Rollings, Doñate de Lou Reed, Campanas dos Iron Maiden, Paco flipaba con Queen, Amado era dos Creedence, etc etc, e eu era o raro.. eu era e sempre serei de Rory.

Descubrin a Rory Gallagher no 82 na casa de Ubaldo en Santiago; eu fun porque ibame deixar varios discos de Bowie para grabalos en cinta, e Laura, a sua irman maior (a dona dos discos e unica muller a que lle gostaba o rock que daquelas eu coñecia) deixoume tamén tres discos dun descoñecido: Irish Tour 74, Tattoo e Blueprint. Lembro que chegado a Lalín, pasei a cinta os discos de Bowie e tardei varios dias en escoitar os discos de Rory. Empecei polo Irish Tour, e por un mes non escoitei outra cousa que non fora Rory Gallagher a todas horas no meu walkman, ensinandolle aos colegas o son dese magnifico guitarrista descoñecido por nós...


Para min, Rory é con moito un dos mellores guitarristas do Blues, un dos mais influintes na música do rock, e tristemente un dos menos coñecidos.. podes atopar biografías de Rory aquí e aquí.

"How does it feel to be the greatest guitarist in the world? I don't know, go ask Rory Gallagher"
- Jimmy Hendrix


Algunhas cancións deste xenio da música

too much alcohol


A Million Miles Away


Tatoo lady


Calling card


fuel to the fire


walking blues


Bullfrog Blues


Banker blues

Sonny Landreth



Sonny Landreth é un virtuoso da guitarra de blues, nado en EEUU, e recoñecido pola sua maestría na técnica do slide, feito polo que é admirado e recoñecido en todo o mundo, ainda que non é un artista moi coñecido do público en xeral. Eric Clapton dixo de el: "probablemente é o artista mais menospreciado do planeta e probablemente un dos mais avanzados e iso avergoñame un pouco".

Con 5 años establece-se coa sua familia na cuna do Cajun, a cidade de Acadia de Laffayete, onde descubreos sons autoctonos (Cajun y Zydeco). Con 10 años empeza coa trompeta no colexio pero tres anos despois escolle a guitarra como o seu instrumento. Con 20 anos abandona os estudos e marcha coa sua banda a Colorado onde coñece a Robben Ford (Black Crowes) e rula con el por todo o estado. Mais tarde volta a Louisiana e participa en Bandas Cajun, chegando a ser o primeiro guitarrista (blanco) do "King of Zydeco" Clifton Chenier e a súa Red Hot Louisiana Band.
En 1981 empezou a súa carreira e solitario profundizando no son do slide e o estilo louisiana.








Lembrando aos grandes Sonny Boy Williamson I e II

Sonny Boy Williamson I

John Lee Williamson, coñecido no mundo do blues como Sonny Boy Williamson I, foi un armonicista e cantante, nado en Jackson (Tennessee), o 30 de marzo de 1914, e finado en Chicago (Illinois), o 1 de xuño de 1948.

John Lee era fillo de granxeiros de Tennessee e aprendeu so a tocar a armónica. En 1934, trasladouse a Saint Louis, onde traballou con Big Joe Williams, Walter Davis e outros. Emigrou a Chicago, onde percorreu todos os clubes e logrou converterse no armonicista favorito do público local.


A partir de 1937 saltou a fama gravando mais de 120 temas para a casa Bluebird, e converteuse nunha das grandes estrelas de Chicago. Seu éxito foi tal, que tivo moitos imitadores que facíanse pasar por el, sendo o mais coñecido Rice Miller (Sonny Boy Williamson II) ao que John Lee buscou cunha pistola no peto para arranxar contas co impostor.

Seu caracter, excesos co alcohol, e lios coas mulleres que acudian a velo nos clubes causaron a sua morte: o 1 de xuño de 1948, voltando a casa borracho tras unha actuación, o marido dunha muller á que piropeara no clube atravesoulle a cabeza cun punzón de picar xeo.



Sonny Boy tocaba a armónica no Estilo crossed, (un tono unha cuarta por debaixo do tono da afinación da armonica), técnica coa que podía conseguir a progresión típica do blues aspirando todas as notas, en lugar de soplando, permitindo desa forma a vocalización e distorsión típicas do blues. Foi Williamson quien impulsou esta técnica, así como a do Double stop (tocar duas notas á vez, para crear efectos rítmicos).


Sonny Boy Williamson II

Nado como Aleck Ford (mais tarde, Rice Miller),pero coñecido como Sonny Boy Williamson II naceu en Glendora, Misisipi, o 5 de decembro de 1897 (?) e finou en Helena, Arkansas, o 25 de maio de 1965. Foi poeta, músico, cantante e cantautor, e está considerado por algúns como a derradeira lenda do blues.



Dono dun estilo propio, en 1941 foi contratado para actuar no espectáculo King Biscuit Time, de publicidade radiofónica dunha coñecida marca de galletas e ao productor do programa pareceulle boa idea chamarlle tamén Sonny Boy Williamson, nun intento de capitalizar a fama do coñecido cantante e intérprete de armónica en Chicago, John Lee Williamson, quedandolle para a posteridade o nome de Sonny boy Williamson II.













I Still Haven't Found What I'm Looking For


G
I have climbed the highest mountains
G
I have run through the fields
--------C--------------------G-
Only to be with you, only to be with you

G
I have run I have crawled
G
I have scaled these city walls
------------C------------G-
These city walls, only to be with you

---------D-------------C--------------G-
But I still haven't found what I'm looking for
---------D-------------C--------------G-
But I still haven't found what I'm looking for

G
I have kissed honey lips
G
Felt the healing in her fingertips
----------------C-------------------G-
It burned like fire, this burning desire

G
I have spoke with the tongue of angels
G
I have held the hand of a devil
--------------------C---------------------G-
It was warm in the night, I was cold as a stone

---------D-------------C--------------G-
But I still haven't found what I'm looking for
---------D-------------C--------------G-
But I still haven't found what I'm looking for

G
I believe in the Kingdom Come
G
Then all the colors will bleed into one
-----------C----------------------G-
Bleed into one, but yes I'm still running.

G
You broke the bonds and you loosened the chains
G
You carried the cross and my shame
--------C------------------G-
And my shame, you know I believe it

---------D-------------C--------------G-
But I still haven't found what I'm looking for
---------D-------------C--------------G-
But I still haven't found what I'm looking for----2x-




He escalado las más altas montañas
He corrido a través de los campos
Sólo para estar contigo
Sólo para estar contigo

He corrido, me he arrastrado
He trepado los muros de esta ciudad,
los muros de esta ciudad
Sólo para estar contigo
Pero todavía no he encontrado
Lo que estoy buscando
Pero todavía no he encontrado
Lo que estoy buscando

He besado labios de miel
He sentido el alivio en la yema de sus dedos
Ardía como fuego
Este deseo ardiente
He hablado con la lengua de los ángeles
He tomado la mano del diable
Era cálida en la noche
Yo estaba frío como una roca
Pero todavía no he encontrado
Lo que estoy buscando
Pero todavía no he encontrado
Lo que estoy buscando

Creo en el Reino de los Cielos
Cuando todos los colores se fundan en uno
Pero sí yo todavía estoy corriendo
Tú rompiste los lazos
Tú soltaste las cadenas
Tú llevaste la cruz
Y mi vergüenza
Oh mi vergüenza
Tú sabes que yo creo en eso
Pero todavía no he encontrado
Lo que estoy buscando
Pero todavía no he encontrado
Lo que estoy buscando






Aqui U2two, uns que fan un tributo a U2, e que ... casi o fan mellor que eles (polo menos parecen menos pijos ;) )