Lembrando aos grandes Sonny Boy Williamson I e II

Sonny Boy Williamson I

John Lee Williamson, coñecido no mundo do blues como Sonny Boy Williamson I, foi un armonicista e cantante, nado en Jackson (Tennessee), o 30 de marzo de 1914, e finado en Chicago (Illinois), o 1 de xuño de 1948.

John Lee era fillo de granxeiros de Tennessee e aprendeu so a tocar a armónica. En 1934, trasladouse a Saint Louis, onde traballou con Big Joe Williams, Walter Davis e outros. Emigrou a Chicago, onde percorreu todos os clubes e logrou converterse no armonicista favorito do público local.


A partir de 1937 saltou a fama gravando mais de 120 temas para a casa Bluebird, e converteuse nunha das grandes estrelas de Chicago. Seu éxito foi tal, que tivo moitos imitadores que facíanse pasar por el, sendo o mais coñecido Rice Miller (Sonny Boy Williamson II) ao que John Lee buscou cunha pistola no peto para arranxar contas co impostor.

Seu caracter, excesos co alcohol, e lios coas mulleres que acudian a velo nos clubes causaron a sua morte: o 1 de xuño de 1948, voltando a casa borracho tras unha actuación, o marido dunha muller á que piropeara no clube atravesoulle a cabeza cun punzón de picar xeo.



Sonny Boy tocaba a armónica no Estilo crossed, (un tono unha cuarta por debaixo do tono da afinación da armonica), técnica coa que podía conseguir a progresión típica do blues aspirando todas as notas, en lugar de soplando, permitindo desa forma a vocalización e distorsión típicas do blues. Foi Williamson quien impulsou esta técnica, así como a do Double stop (tocar duas notas á vez, para crear efectos rítmicos).


Sonny Boy Williamson II

Nado como Aleck Ford (mais tarde, Rice Miller),pero coñecido como Sonny Boy Williamson II naceu en Glendora, Misisipi, o 5 de decembro de 1897 (?) e finou en Helena, Arkansas, o 25 de maio de 1965. Foi poeta, músico, cantante e cantautor, e está considerado por algúns como a derradeira lenda do blues.



Dono dun estilo propio, en 1941 foi contratado para actuar no espectáculo King Biscuit Time, de publicidade radiofónica dunha coñecida marca de galletas e ao productor do programa pareceulle boa idea chamarlle tamén Sonny Boy Williamson, nun intento de capitalizar a fama do coñecido cantante e intérprete de armónica en Chicago, John Lee Williamson, quedandolle para a posteridade o nome de Sonny boy Williamson II.













No hay comentarios: