A principios dos 80, tódolos rapaces de Lalín eramos jevis, queriamos ter melenas, levar camisetas coas mangas cortadas, e algúns conseguiano a pesares das suas nais.. outros non. Dentro da pouca información que tíñamos sobre música e grupos, toda ela sacada dos nosos amigos maiores que !!tiñan discos!!, do catálogo de Discoplay (a biblia!) e sobre todo de perder horas e horas escoitando e grabando cintas con cousas da radio, cada un tiñamos o noso grupo de rock favorito, e o noso guitarrista era o mellor.
Ac/dc ganaba por goleada nos gustos, Deep Purple tiña moitos adeptos, a Luís gustaballe U.F.O. e Jethro tull, Richard era de Hendricks, Lucho dos Rollings, Doñate de Lou Reed, Campanas dos Iron Maiden, Paco flipaba con Queen, Amado era dos Creedence, etc etc, e eu era o raro.. eu era e sempre serei de Rory.
Ac/dc ganaba por goleada nos gustos, Deep Purple tiña moitos adeptos, a Luís gustaballe U.F.O. e Jethro tull, Richard era de Hendricks, Lucho dos Rollings, Doñate de Lou Reed, Campanas dos Iron Maiden, Paco flipaba con Queen, Amado era dos Creedence, etc etc, e eu era o raro.. eu era e sempre serei de Rory.
Descubrin a Rory Gallagher no 82 na casa de Ubaldo en Santiago; eu fun porque ibame deixar varios discos de Bowie para grabalos en cinta, e Laura, a sua irman maior (a dona dos discos e unica muller a que lle gostaba o rock que daquelas eu coñecia) deixoume tamén tres discos dun descoñecido: Irish Tour 74, Tattoo e Blueprint. Lembro que chegado a Lalín, pasei a cinta os discos de Bowie e tardei varios dias en escoitar os discos de Rory. Empecei polo Irish Tour, e por un mes non escoitei outra cousa que non fora Rory Gallagher a todas horas no meu walkman, ensinandolle aos colegas o son dese magnifico guitarrista descoñecido por nós...
Para min, Rory é con moito un dos mellores guitarristas do Blues, un dos mais influintes na música do rock, e tristemente un dos menos coñecidos.. podes atopar biografías de Rory aquí e aquí.
"How does it feel to be the greatest guitarist in the world? I don't know, go ask Rory Gallagher"
- Jimmy HendrixAlgunhas cancións deste xenio da música
too much alcohol
A Million Miles Away
Tatoo lady
Calling card
fuel to the fire
walking blues
Bullfrog Blues
Banker blues